miércoles, 27 de marzo de 2013

Esquézome das verbas

Non sei comezar estas cousas,
ti sábelo de sobras...
Esquézome das verbas
coas que podería encantar
dende a primeira liña.

Grazas...

Sei que non che gusta
que o diga,
pero é que hoxe o preciso.
Grazas, por ser ás veces
a razón
pola que ríen as nubes
e a cidade quere chorar.
Coma hoxe,
cando no espazo más aberto
puiden pecharme do mundo un rato.
Sen que me xulguen por chorar
ou por non facelo.
 
Grazas, de corazón, porque estou a piques de desfogarme bailando.
Grazas, porque non sabes canto te quero hoxe (e a míudo) agora que sei facelo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Dialéctica y erótica

Los mapas de tu voz son inhóspitos y mi ansia tangible y cruda, tendiéndote los despojos de mi tacto camino descalza por el verso c...